Resumo Encontro de Networking na Economía Social – A Coruña

Turismo Verde de Galicia ven de participar nun encontro de Networking na Economía Social organizado por Espazo Coop – Unión de Cooperativas Galegas en colaboración coa rede Eusumo e o Concello de A Coruña

Espazocoop
Espazocoop

Coñecemos diferentes proxectos como a Fundación JuanSoñador e o seu Programa Teranga Coruña de atención a persoas migrantes, ou  Acopros Coruña con proxectos para dar resposta ás necesidades das familias con fillos e fillas  con discapacidade auditiva y demáis personas interesadas  no mundo das persoas sordas. Tamen coñecemos o proxecto da cooperativa Xeracción de Ourense que traballará no eido social principalmente.

Xeracción Ourense
Xeracción Ourense

Coñecemos empresas nacidas no ámbito cooperativo como Pegadas adicada ás artes gráficas, COMA Comunicación Creativa que traballa no ámbito da comunicación en redes sociais, medios, prensa… ou Artigo 14 Cooperativa Xuridica primeira cooperativa de avogados de Galicia, ou MedAtlantia Consultoría Europea  cooperativa adicada á xestión de proxectos europeos. 

Aprendendo
Aprendendo

Desde o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo a súa xefa de estudos nos explicou a necesidade dos seus alumnos de enfrentarse ao mundo laboral en forma de cooperativa para poder defender os seus postos de traballo.

TERANGA - A Coruña
TERANGA – A Coruña

Turismo Verde de Galicia tamen explicamos o noso proxecto que en formato Asociación traballa por dar a coñecer a “Galicia Escondida” en todos os ámbitos, cultural, etnográfico, turístico, gastronómico, tecnolóxico… tratando de dar voz e imaxe a todos aqueles concellos, colectivos, persoas, emprendedores que pola súa localización xeográfica, situación persoal… non poden chegar sós aos seus posibles visitantes, clientes… usando como principal ferramenta as redes sociais.

Turismo Verde de Galicia
Turismo Verde de Galicia

Outro das cooperativas que estivo presente foi 3C Calidad y Control Soc. Coop. Galega, que naceu da paixon polo seu traballo de tres empregados dunha granempresa que desapareceu e que decidiron seguir adiante co proxecto en modo cooperativo,como laboratorio de análisis físicos, mecánicos e químicos, realizando prestación de servicios de control de calidad na construcción, englobándose en el epígrafe CNAE de Ensaios e Análisis Técnicos.

Outro dos proxectos cooperativos presentados foi Nosa Enerxía adicados  a comercialización de enerxía de orixe renovable a todos aqueles socios/as da cooperativa, proporcionando un servizo de calidade a un prezo xusto.

A xornada rematou cun café cooperativo onde poidemos intercambiar ideas, consultar dudas sobre os diferentes proxectos presentados e ver que o mundo da economía social é posible. O café foi solidario, servido  por Solirariedade Internacional Galicia  

Almorzo cooperativo (foto Marlene Anaya)
Almorzo cooperativo (foto Marlene Anaya)
Almorzo cooperativo
Almorzo cooperativo (foto Marlenne Anaya)

Para finalizar agradecer a Espazo Coop unión de cooperativas galegas por promover iniciativas deste tipo e a  Tino Gago Conde por permitirnos pasar uns minutos máis do pautado para explicar os nosos proxectos.