Salvemos a casa de Díaz Castro (Asociación Xermolos)
80
post-template-default,single,single-post,postid-80,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-7.6.2,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.7,vc_responsive
 

Salvemos a casa de Díaz Castro (Asociación Xermolos)

Casa Diaz Castro

18 Abr Salvemos a casa de Díaz Castro (Asociación Xermolos)

Os amigos da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz recibiron da familia do poeta Xosé María Díaz Castro a súa casa en ruínas que agora queren rehabilitar para convertela na Casa da Xente, para devolvela ao pobo convertida en museo, pousada de creadores, escola das e dos nosos escritores, local social para a veciñanza, centro de formación e interpretación do rural, etc.
Xermolos é  unha Asociación Cultural que funciona grazas a voluntarios e voluntarias, sen capacidade para aventurarnos sós neste proxecto. Necesitamos da axuda de todas e todos, con pequenas colaboracións que nos permitan seguir soñando.
Con este motivo lanzamos o día 17 de abril a nosa Campaña de crowdfunding (micromecenado a través de internet) coa cal aspiramos a recolectar arredor de 24.600€ que  permita levar a cabo as medidas máis urxentes antes de que o deterioro sexa xa irreversible.
Aqui vos deixamos o enlace ao Cartafol informativo sobre o proxecto.
Desde Xermolos agradecen calquera aportación, ademais da difusión nos vosos círculos e perfís persoais.
Para concluir, se desexas coñecer máis información sobre o proxecto ou facer as vosas aportacións visitade este link  que vos deixamos a a continuación:

Saúde e terra!

#SalvemosACasaDeDíazCastro #EuTaménQueroSalvarACasaDeDíazCastro

No Comments

Post A Comment