Quen somos TURVEGAL


Turismo Verde de Galicia – TURVEGAL nace como tantos outros proxectos dun sentimento, unha necesidade, unha ilusion, un soño que foi crecendo a pasiños pequenos e que, humildemente quere chegar a ser un medio de difusion de Galicia, sin pretender competir con ningun dos maravillosos proxectos que coexisten nas redes.

Desde Turismo Verde de Galicia queremos amosar e dar visibilidade á que nos vimos denominando a “Galicia Escondida”, mais descoñecida por atoparse fora das grandes campañas turísiticas da administración e os grandes touroperadores, e que por esa causa manten o seu encanto e a súa beleza.


Resumindo, cando decimos “Difundir Galicia” non só nos estamos referindo a sua paisaxe se non tamén as suas xentes, a sua cultura, as suas tradicions, porque as festas mas arraigadas, mas tradicionais e mais queridas polos galegos non son exactamente as mais coñecidas, dende un “Serán” ata a festa parroquial están enraizadas no noso ser dunha maneira vital que nos sobrepasa e que vincula a nosa maneira de vivir e de ver a vida.
A nosa principal vía para dar a coñecer a nosa visión de Galicia son sobre todo as redes sociais, xa que nos permiten un rápido feedback cos nosos seguidores quenes coas suas achegas tamen axudan a realimentar os nosos contidos
Estamos presentes nas principales redes sociais,
Facebook, Twitter e Instagram,ademais temos un pequeño blog que está nacendo www.paseargalicia.com no que plasmamos moitos deses lugares que queremos dar a coñecer.